viernes. 26.04.2024
221110 Paneis fotovoltaicos piscina climatizada_1
Os paneis solares xa lucen no tellado da piscina cuberta de Verín. | FOTO: Carlos Montero.

A piscina climatizada do Concello de Verín xa conta con paneis solares que fornecerán a enerxía eléctrica tanto para o seu autoconsumo como para a súa climatización. Esta acción é posible grazas ao investimento de 28.849,50 euros, do que 22.118,32 euros son financiados polos fondos comunitarios derivados do Feder nun 80 por cento, sendo o importe restante de carácter municipal. Desta forma as citadas instalacións pasan a ser autosuficientes no ámbito enerxético.

En total implementáronse un total de 88 módulos fotovoltaicos que achegan unha potencia instalada de 0,02992 MW. Isto supón unha redución anual estimada de emisión de gases de efecto invernadoiro de 15,794 toneladas CO2/ano.

"Esta nova acción contribúe, do mesmo xeito que o plan municipal de renovación e mellora da iluminación pública, a reducir considerablemente a factura eléctrica municipal, facendo tamén que diminúa notablemente a emisión de gases que crean o efecto invernadoiro", destacou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane Fidalgo.

Os 88 paneis solares da piscina climatizada de Verín reducirán en 16 toneladas ano as...