xoves 17.10.2019
INFORME DO INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

Apenas 6 de cada cen novas empresas constituídas na provincia fixan a súa sede na comarca 

A Comarca de Monterrei sitúase en cuarto lugar en creación de novas empresas tralas comarcas de Ourense, O Carballiño e Valdeorras.

Vista panorámica da vila de Verín.
Vista panorámica da vila de Verín.

Apenas seis de cada cen novas sociedades mercantís constituídas na provincia de Ourense durante o último ano, fixan a súa sede na Comarca de Monterrei. Así o recolle o último informe publicado polo Instituto Galego de Estatística. Segundo os datos recollidos entre agosto do pasado ano e xullo do presente, ambos meses incluídos, os concellos do Támega acolleron a creación de tan só 25 novas sociedades, das cales 21 fixaron a súa sede no Concello de Verín, dúas en Monterrei e unha en Oímbra e no Riós, respectivamente. Os concellos de Castrelo do Val, Laza, Cualedro e Vilardevós non rexistraron, nos últimos doce meses, ningunha nova nova empresa.

Os concellos de Castrelo do Val, Laza, Cualedro e Vilardevós non rexistraron, nos últimos doce meses, ningunha nova nova empresa.

A comarca sitúase, xa que logo, en cuarto lugar en creación de novas empresas tralas comarcas de Ourense, O Carballiño e Valdeorras, con 237, 30 e 29 novas empresas constituídas no último ano respectivamente. Existe unha evidente relación entre a creación de pequenas e medianas empresas ou cooperativas no rural e o avance do despoboamento.

Apenas 6 de cada cen novas empresas constituídas na provincia fixan a súa sede na comarca 
comentarios