sábado. 27.04.2024
202403 vilardevós, castrelo e riós convenio obradoiro emprego
Eva Pérez, alcaldesa de Vilardevós, Vicente Gómez, alcalde de Castrelo do Val, e Eva Barrio, alcaldesa de Riós.

Esta semana tiña lugar a sinatura do acordo de traballo conxunto entre Castrelo do Val, Riós e Vilardevós. Un convenio que se converte no marco de xestión compartida do novo obradoiro de emprego que porán en marcha entre os tres Concellos.

Vicente Gómez, como alcalde de Castrelo, Eva Barrio, alcaldesa de Riós, e Eva Pérez Gamote, alcaldesa de Vilardevós, asinaban o acordo para poñer en marcha o obradoiro de Emprego "Rodeira da Cota". Non é casualidade o nome do obradoiro; foi escollido tendo en conta que é unha zona na que se unen os tres ámbitos municipais.

É a primeira vez que as tres corporacións municipais se unen para ter un obradoiro de emprego compartido. Hoxe entregaban a documentación que dará inicio ao programa destinado a mellorar a empregabilidade das persoas participantes, alternando a formación para o emprego coa práctica laboral.

As especialidades serán albanelería e xardinaría, para as que se solicitan 20 prazas. Así, desenvolverán tarefas para o mantemento das instalacións municipais e arranxo de espazos públicos de cada Concello.

A IMAXE | Rodeira da Cota une a Castrelo, Riós e Vilardevós nun obradoiro de emprego