jueves. 25.04.2024
Fotos antigas en Castrelo de Cima, en Riós. | FOTO : cedida.
Fotos antigas en Castrelo de Cima, en Riós. | FOTO : cedida.

A mostra de artes da Ribeira é a nova proposta cultural que promove a asociación de veciños de Castrelo de Cima, en Riós, para este mes de agosto, unha iniciativa que permitirá facer un percorrido pola historia do lugar e afondar no concepto da "Galicia vaciada". 

O evento organizado pola Asociación Cultural de Veciños "Os Queimas" de Castrelo de Cima, en Riós, titulado "Alalá, primeira mostra de artes da Ribeira", en referencia a esa música lírica característica de Galicia, terá lugar este sábado día 14 e contará con tres partes diferenciadas.

En primeiro lugar, Castrelo de Cima acollerá unha exposición colectiva titulada "Casas sen Xente", da Agrupación Fotográfica Fotosíntese de Ourense, no cortello da Figueira. En total, son 35 fotografías que amosarán a súa visión da "Galicia vaciada", dando así visibilidade a unha problemática que ten o rural como é o despoboamento. Nas imaxes, poderase ver esa "memoria dun pasado que non vai voltar, esa herdanza que parece baleira pero que reflite o contido dos que alí habitaron". 

Despois, terá lugar a exposición "Xentes e costumes de Castrelo", unha mostra que inclúe diferentes fotografías antigas, algunhas delas, de cen años de antigüedad, e que estarán ubicadas polas distintas rúas. Como novidade, algunhas destas fotos incorporan un código QR que permitirá visionar un vídeo, onde un veciño dará a coñecer algunha tarefa, vivencia, costume, que había naquela época (matanza, mallas, trancacancela, queimadas)

Para finalizar a xornada, terá lugar unha visita ó forno da aldea, aínda sin reformar. Alí, poderase ver a exposición de acuarelas de Paulinha D’Arzoá, "Treboada Emocional". Amenizando a xornada, estará o grupo de gaitas de Trasmiras. 

Para finalizar, na Casa do Pobo, haberá cantina e música, sempre garantizando as medidas sanitarias e de seguridade para evitar os contaxios.  

Segundo explica María Barazal, da peña “Os Queimas”, esta iniciativa pretende "dar visibilidade ó pobo" recollendo diferentes testimonios dos maiores ao tempo que facer que "a xente se implique", engade. De feito, sinala que o propio concepto do evento "foise transformando" a medida que foron recopilando material. Todo isto, podería servir a modo de arquivo. 

Polo momento, a inauguración da mostra será este sábado ás 18:30 horas e a idea é que as fotografías estén ata o 9 de setembro, coincidindo co día da festa, que este ano tampouco poderase celebrar pola pandemia. 

Castrelo de Cima, en Riós, acolle a súa primeira mostra de artes da Ribeira, “Alalá”