Martes. 19.03.2024
Veciños de Infesta, en Monterrei, co escrito que remitiron ao Concello. | FOTO: Noelia Caseiro.
Veciños de Infesta, en Monterrei, co escrito que remitiron ao Concello. | FOTO: Noelia Caseiro.

"Seguro que o señor alcalde -en referencia a José Luis Suárez Martínez, residente na capital de Ourense e rexedor de Monterrei-, ten máis de dúas horas de auga ao día e non coma nós, que levamos dende maio con restricións que nin nos permiten duchar. Así é como pretenden recuperar poboación? A España non se baleira, estana baleirando eles". É o sentir dunha das veciñas da localidade de Infesta, no concello de Monterrei e que ten que ir todos os días a ducharse á casa do seu fillo en Pazos -ela vén a pasar un par de meses á súa vivenda pero xa está plantexándose non vir "porque non temos auga"-, pero tamén dunha vintena deles que manifestaron, in situ, as súas queixas a esta redación. 

O rexedor de Monterrei, José Luis Suárez Martínez. | FOTO: Alberte Paz.
O rexedor de Monterrei, José Luis Suárez Martínez. | FOTO: Alberte Paz.

"Levamos dende maio sen auga corrente, só con dúas horas ou menos ao día, e no Concello nin nos queren oír, din que o problema non é noso", afirma outro dos veciños, que vén de enviar por burofax -"o alcalde non nos quixo rexistrar o escrito"- unha solicitude pedíndolle ao Concello de Monterrei que asuma as competencias da auga "e que nos dé un servizo que non temos", sinala Félix Prieto, co documento nas mans asinado por outros 16 veciños máis de Infesta: "Las instalaciones y acometidas del agua ya existente, lo que solicitamos es que sean autorizadas y que se instale un contador de agua en cada vivienda, debido a que muchos vecinos, al no existir tal contador, abusan de ella y la malgastan, con todos los daños y perjuicios que ello supone a otros vecinos que debido a ese mal uso y malgasto se quedan sin agua en sus viviendas", recolle o documento asinado por parte dos veciños de Infesta e enviado ao Concello de Monterrei. 

O escrito, remitido por burofax porque, din, "no Concello non quixeron rexistralo". | FOTO: Noelia Caseiro.
O escrito, remitido por burofax porque, din, "no Concello non quixeron rexistralo". | FOTO: Noelia Caseiro.

O problema, como el mesmo explica, vén dos anos setenta. "Por aquel entón, os veciños decidiron canalizar a auga ás casas. Eles puxeron os xornais de traballo e o Concello, o material. Dende entón, non houbo unha xestión dos recursos e o alcalde, tanto o pai coma o fillo, se escudaron en que como a auga era do pobo...", explica Félix. "Pero iso non é así. Un Concello ten que garantir os servizos mínimos, e se esos servizos non están garantidos ten que pór os medios para que o estén. Non pode ser que uns veciños non se poidan duchar e outros estén regando os tomates pola fresca", dice. 

Si no soy vecina para el agua, tampoco lo soy para pagar impuestos (María Sánchez, veciña de Infesta que pasa parte do verán na localidade)

Ese mesmo argumento é o de María Sánchez: "Mis hijos van a dejar de venir al pueblo, porque no puedo explicarles que no tengan agua para el aseo mientras otros vecinos consumen toda el agua regando. Primero somos las personas", dice. "Nosotros, lo que queremos es que sea el Ayuntamiento el que gestione el agua. Lo que tengo muy claro es que si no soy vecina para el agua, tampoco soy vecina para pagar mis impuestos como la basura y la contribución", recalca. 

E vai máis alá. "Quieren vender Infesta al mundo como aldea 'Modelo'. ¿Realmente una aldea 'Modelo' puede serlo sin agua? Si hasta los cuervos fueron los que se encargaron de retirar los peces muertos del río porque nadie se dignó a venir a quitarlos cuando comenzó a secarse", conclúe moi indignada María Sánchez. 

Peixes mortos no río Rubín ao seu paso por Infesta. | FOTO: Noelia Caseiro.
Peixes mortos no río Rubín ao seu paso por Infesta. | FOTO: Noelia Caseiro.

"Seguro que o alcalde na súa casa de Ourense ten máis de dúas horas de auga ao día",...