
Son seis bolas de ferro, duns dez centímetros de diámetro e uns 1,5 kilogramos de peso. E constitúen o curioso achado dos investigadores de Breogán Arqueoloxía, a compañía contratada polo Concello de Monterrei, que cos de Oímbra e Cualedro, participa no obradoiro que pretente recuperar arquitectonicamente algunhas das construcións da fortaleza tamagana.
Excavación onde se atoparon os proxectís dos canóns. | FOTO: María José.
Os traballos previos de excavacións, esixidos pola Dirección Xeral de Patrimonio, para restaurar e pór en valor algunas das estruturas do castelo no entorno da porta do sol destaparon este, cando menos, "curioso achado, porque é moi pouco frecuente atopar este tipo de material, que polos restos de cerámica que apareceron tamén, podemos datalo alá por mediados do século XVII, coincidinco co periodo da guerra da Restauración da Independencia con Portugal", apunta o arqueólogo e director dos traballos, Víctor Rodríguez Muñiz, nunha primeira aproximación histórica ao material atopado.
Os traballos de recuperación levaranse a cabo na coñecida como "porta do sol" do castelo de Monterrei. | FOTO: María José.