
15:04 do 16 de abril de 2021
O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos da Pobra do Caramiñal, O Grove, Cualedro e a Carballeda de Valdeorras.
Así mesmo, o grupo de expertos tamén determinou o nivel alto de restricións en 9 concellos galegos, nomeadamente, nos municipios de Cortegada, O Barco, Padrenda, Rubiá, Lobeira, Barreiros, Boimorto, Boiro e Cambre.
Monterrei descende un chanzo e sitúase no nivel máis baixo de restricións.