viernes. 26.04.2024
Aldea de Carzoá.
Aldea de Carzoá.

Estes proxectos de ordenación produtiva configúranse como un documento técnico no que se delimitan os usos produtivos máis idóneos para a explotación das parcelas incluídas nas aldeas de Carzoá e O Seixo, dende os puntos de vista económico, técnico, social e ambiental. Mentres que en Carzoá, se perfila como actividade principal os cultivos de horta e de ciclo curto, no Seixo, esta será o aproveitamento de gando en extensivo e o aproveitamento apícola.

Ademais, en Carzoá tamén se realizarán actividades de cultivo complementario ó aproveitamento gandeiro e cultivos leñosos como as froiteiras; e establecerase un ámbito de protección integral no ámbito da contorna do xacemento catalogado da Cidá, facendo así compatible o aproveitamento agrario e a protección do patrimonio cultural desta aldea modelo que conta con un perímetro de 53,68 hectáreas arredor do núcleo que busca dinamizar, distribuídas en 389 parcelas de 215 propietarios. 

No caso de O Seixo, que abarca 30,6 hectáreas, distribuídas en 223 parcelas de 76 propietarios, a actividade secundaria será a utilización do castiñeiro para froito empregando variedades micorrizadas para a obtención de cogomelos. 

NOTICIAS VERÍN | A Xunta aproba os proxectos de ordenación produtiva de Carzoá e O Seixo