martes. 05.11.2024
231230_Carzoa (FILEminimizer)
O novo sistema de alumeado público dixitalizado permitirá mellorar a eficiencia das luminarias.

A aldea modelo de Carzoá e o polígono agroforestal do concello de Cualedro seguen a avanzar nas actuacións de cara a mellorar e ampliar os seus servizos básicos. Neste caso, co fin de acadar un aforro enerxético e ambiental a través da utilización de lámpadas cunha eficacia luminosa e vida útil de alto nivel.

As obras realizadas dixitalizan o alumeado público, coa instalación dunha rede de nodos nas luminarias xa existentes que facilitan a xestión dos niveis de luz para cada zona. Deste xeito, pódese garantir un elevado aforro enerxético e ofrecer unha solución ante a demanda existente.


Estas actuacións puidéronse realizar grazas ás axudas outorgadas pola Xunta de Galicia para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelos e nos territorios vinculados a proxectos de recuperación da terra agraria. Neste sentido, a Xunta destinou preto de 100.000 euros para acometer estas melloras.

NOTICIAS VERÍN | Cualedro mellora o alumeado en Carzoá e no polígono agroforestal