martes 11/05/21
O resto de municipios mantéñense nas cifras deste martes

CORONAVIRUS VERÍN | Cualedro comeza a reducir o número de casos activos

Monterrei-cribado
Monterrei incorpórase este mércores ao grupo de concellos con cero casos activos. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

Os últimos datos aportados polo Sergas na comarca de Monterrei reflicten unha lixeira moderación no número de casos activos. Monterrei súmase a Laza e Oímbra no grupo de concellos con cero diagnósticos. A segunda boa nova protagonízaa Cualedro, que tamén vé como os seus contaxiados pasan de 20 a 16 positivos. 

Verín mantén os 23 deste martes, á espera do novo cribado que xa está previsto para este sábado día 1 de maio. 

Castrelo do Val, Riós e Vilardevós levan cun caso activo dende o pasado domingo. 

CORONAVIRUS VERÍN | Cualedro comeza a reducir o número de casos activos
comentarios