Venres. 29.03.2024
xmen
Cartel da película.

Esta fin de semana as persoas interesadas poderán achegarse ata o salón de actos da Casa da Cultura de Verín, para a estrea do filme 'X- Men: Fénix Oscura', protagonizada por Sophie Turner, sobradamente coñecida en todo o mundo polo seu papel coma Sansa na serie Game of Thrones.

A película poderá verse o venres, 7 de xuño nos pases das 19:30 h e das 22:00 h, e o sábado 7 e domingo 8 nos pases das 17:00 h, das 19:30 h e das 22:00 h

 

SINOPSE (Vía Filmaffinity).

'X-Men: Fénix Oscura'. 113 minutos de duración. Non recomendada para menores de 12 anos. 

Os X-Men enfróntanse ao seu enemigo máis poderoso: un dos seus membros, Jean Grey. Durante unha misión de rescate no espazo, Jean casi morre ao ser acadada por unha misteriosa forza cósmica. Cando regresa a casa, esa radiación fíxoa máis poderosa, pero moito máis inestable. Mentres loita coa entidade que habita no seu interior, Jean desata os seus poderes de formas que non pode controlar nin comprender. Jean cae nunha espiral fora de control facendo dano a aqueles que máis ama e empeza a destruir os lazos que manteñen unidos aos X-Men. 

Fin de semana de cinema municipal coa película 'X-Men: Fénix Oscura'