miércoles. 09.10.2024
20190906 NP CONCELLO DE VERIN - Presentación Camiño Inmersivo (7)
Algunhas das actrices de "O Camiño Inmersivo", metidas no seu papel no momento da presentación, cunha veciña da vila.

Esta mañá, a praza García Barbón, viviu a presentación nada convencional dun evento que se desenrolará ao longo de todo este sábado día 7 de setembro. De xeito oficial, presentouse o que se deu en chamar "O Camiño Inmersivo", unha sorte de proposta cultural baseada no cinema inmersivo que percorrerá toda a comunidade co gallo da celebración do vindeiro Xacobeo 2021 e que comezará a súa andaina, precisamente, pola vila de Verín. Neste acto de presentación do proxecto participaron Emilia Somoza, concelleira de Cultura, Educación e Festexo do Concello de Verín; Iago de Sant, director do proxecto e algunhas actrices do equipo involucrando aos veciños que estaban cómodamente sentados nas terrazas da praza nas súas improvisacións.

20190906 NP CONCELLO DE VERIN - Presentación Camiño Inmersivo (2)Emilia Somoza, edila de Cultura, e Iago De Sant, director de "O Camiño Inmersivo", na presentación desta mañá na praza. 

Esta iniciativa introduce por primeira vez en España o concepto da inmersión, unha nova disciplina artística que converte aos observadores en personaxes dentro dunha historia guionizada, que ten a capacidade de cambiar en función das reaccións e perfís dos participantes. Á diferenza do teatro inmersivo, estas experiencias inmersivas están concebidas para ser gravadas, e obter un produto audiovisual de calidade cinematográfica.

Os responsables de “O Camiño Inmersivo”  explicaron que  “tomando o Camiño de Santiago ao longo dos séculos como fío condutor, os participantes terán a posibilidade real de viaxar no tempo a través das historias que se foron labrando no imaxinario dun pobo.”

PRIMEIRA PARADA DE GALICIA, NA VILA

Verín será o escenario da súa primeira parada. Os que decidan involucrarse na interpretación serán absorbidos como personaxes dunha historia que estará guiada por actores profesionais. Non se poden desvelar os detalles, pero si que coñecerán a un científico tolo, a peregrinos de todas as épocas e incluso ao mesmísimo Alfonso II. Todo está suxeito á improvisación e calquera pode ser artífice de moitos cambios.

A programación para mañá, sábado, 7 de setembro, é a seguinte: na praza García Barbón, ás 11,00 horas, terá lugar o que deron en chamar "cabina de contexto", na que se darán a coñecer as inmersións a realizar e as fases nas que se desenrolará a experiencia. Ás catro da tarde, e cruzando o que denominaron os organizadores a "porta máxica", os asistentes poderán inscribirse de balde nunha inmersión ambientada e guiada duns 20 minutos de duración. Non se desvelará o lugar exacto no que terá lugar, que deberá ser descuberto polos inscritos seguindo as indicacións do título "Entrada do camiño de Santiago a Verín".

O "portal do tempo", actividade que se desenrolará na praza da Mercé ás 19,00 horas, estará guionizada e terá unha duración de unha hora. Os participantes na mesma deberán dar como lugar segredo onde comezará a inmersión. Os interesados en participar deberán abonar 30 euros. 

O espectáculo "O Camiño Inmersivo" permitirá participar na representación da historia...