A terceira edición da Exposición agrogandeira Crianza Trevinca foi todo un éxito. E non só pola numerosa participación de público, tamén pola súa excelente organización. Celebrada ista fin de semana no Concello da Veiga, como sempre explica o seu alcalde, Juan Anta: "A feira naceu coa intención de render homenaxe ás persoas agricultoras e gandeiras".
A contorna natural da praia do Coiñedo, no encoro de Prada, foi o escenario perfecto para exaltar e reivindicar o valor do rural nunha feira perfectamente estruturada que convidaba a pasear entre os distintos espazos. Por unha banda, a zona que acollía a exposición de máis dun cento de cabezas gando de distintas razas; pola outra, os postos de comida que ofrecían ós visitantes unha gran diversidade de produtos locais de calidade.
Ó pé das zonas habilitadas para xantar, un espazo con xogos para a cativada que fixo divertirse ós máis pequenos. No medio, unha ampla extensión coa exposición agrícola que mostraba o antes e o despois dun sector tan importante para o desenvolvemento do rural; un percorrido histórico a través dos oficios tradicionais, dos aperos de labranza e da maquinaria.
Foron moitos os representantes políticos que acudiron á III Exposición Agrogandeira Crianza Trevinca. Entre eles, o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, quen afirmaba que a feira era un exemplo á hora de “recuperar, manter e conservar viva a memoria da tradición rural”.
Tampouco o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), José Luis Cabarcos, quixo perder a inauguración dun evento ó que esistiron alcaldes e alcaldesas de distintos concellos de Ourense.

O paseo dos bois xunguidos foi unha das actividades máis esperadas. | FOTOS: Xosé Lois Colmenero.


Luis Menor, presidente da Deputación de Ourense, con Juan Anta, alcalde da Veiga.

Elaboración de augardente, un dos oficios tradicionais que se mostraron en Crianza Trevinca.



















O entorno natural da praia do Coiñedo converteuse no escenario perfecto para a feira.



Os produtos locais de calidade tamén tiveron o seu espazo en Crianza Trevinca.




Mostra de oficios tradicionais.




A creación de esculturas feitas con motoserra, unha das actividades máis chamativas.








A exposición de gando acolleu un cento de cabezas de distintas razas.











