domingo 17/01/21

Verín

VÍDEO | Remata o cribado da covid en Verín con resultados de participación inferiores ós agardados

Hoxe, no Toural, só se recollían mostras de saliva dos kit entregados onte mércores e se realizaban PCR ás persoas de maior idade. Quixemos coñecer cal é a opinión que lles merece a baixa participación dos verinenses aos profesionais sanitarios desprazados polo Sergas ata Verín, precisamente no primeiro dos días nos que tanto este municipio, como os veciños de Castrelo do Val, Cualedro e Monterrei, entraban de novo nun periodo de restricións de máximo risco. 

Nos próximos días coñeceranse os resultados da mostra voluntaria organizada pola Xerencia de Área ourensán co único propósito de destapar posibles transmisores asintomáticos da enfermidade. 

comentarios
VÍDEO | Remata o cribado da covid en Verín con resultados de participación inferiores...