martes 31.03.2020

Cara unha nova cultura política galega

Galicia enfrontará nuns meses unas novas eleccións. Partindo do resultado das xerais podemos albiscar xa que as forzas propias do país serán minoritarias no novo parlamento que se configure.

Imaxe dos candidatos de BNG, PPdeG, PSdeG e En Marea ás eleccións xerais no debate celebrado o pasado mes de abril en Verín.
Imaxe dos candidatos de BNG, PPdeG, PSdeG e En Marea ás eleccións xerais no debate celebrado o pasado mes de abril en Verín.

Galicia enfrontará nuns meses unas novas eleccións. Partindo do resultado das xerais podemos albiscar xa que as forzas propias do país serán minoritarias no novo parlamento que se configure.

Noutros artigos temos debullado como PP e PSOE transmútanse en forzas estéticamente autóctonas, e son quen de pescar nos caladeiros dos votantes autorrecoñecidos como “nacionalistas”. Este caladeiro en xeral, segue a ser minoritario en Galicia. Das pasadas xerais, cunha campaña apaixoante na que moitos pedimos o voto para a única candidatura do país, podemos concluir dúas ideas.

A primeira que o voto conquerido polo BNG foi positico na medida que dotou ao país dun deputado que non obedece a dinámicas políticas de Madrid. 

Pero a segunda conclusión é menos optimista: o BNG non é quen de desputarlle a hexemonía política ás forzas estatais.

Isto tennos que levar a unha reflexión necesaria. Que lle falla as forzas galegas para conseguir por en xaque aos partidos estatais?

Logo de máis de 35 anos de historia do BNG, este non foi quen de superar o 25% dos votos. Cun discurso que nos seus aspectos centrais non mudou en nada dende os 80, aínda así o BNG tivo a virtude de ser a única forza galega en resistir durante todos estes anos. Dende un posicionamento electoral minoritario na sociedade galega.

Compre pois sumar aos escaños do BNG, outros de forzas propias galegas e auto-organizadas, que lle disputen voto ao PP e ao PSOE. Compre desenvolver un novo discurso político galego que desperte o interese da cidadanía e que a interpele no seu conxunto.

É un feito que o termo nacionalismo, ten connotacións negativas para moitos galegos, o cal non desvirtúa para nada o fondo senso democrático que arrastra que un pobo teña dereito a dispoñer dos seus destinos. Aínda así hai moitos conceptos que o galeguismo segue a usar, aínda cando estes xa non pertencen ao noso século.

Debemos abandonar a definión estática e dogmática de nación, e asumir un novo concepto de nación como como comunidade social de vontade colectiva, baseado na articulación social a través de institucións entendidas no senso republicano. 

Por suposto que a lingua, a cultura, o folcklore… fan país. Pero sobre todo quen fai país é un pobo consciente de que ninguén mellor ca si mesmo pode solventar os seus problemas. Hai que reconducir a causa galeguista, ás causas e demandas da sociedade galega. A soberanía e a decisión política non só interpela a nosa identidade como galegos, se non ás nosas condicións de vida diarias.

Nesta nova cultura política é preciso entender o país como unha construcción de futuro, un entramado colectivo de vontades e ideas coas que a cidadanía do común se identifique. Compre abrir as xanelas do galeguismo e deixar que novas visións entren. Facer encaixar o movemento galeguista, nos novos movementos nacionais e europeístas que están consolidándose especialmente en Gales e Escocia, e que entenden a nación como unha comunidade de vontade, baseada no concerto político e non só na identidade.

Temos a obriga especial de revisar o fenómeno da globalización dende a óptica do país, e poñer o acento nun humanismo social baseado en situar ao home e a muller e a consecución dunhas condicións de vida dignas, no centro da política, e baseado tamén no republicanismo institucional, entendendo as institucións como expresión da vontade cidadá, e non como propiedade privada dunha familia política.

Compre reconciliar aos galegos co galeguismo, e ao galeguismo co futuro. Miremos cara adiante con xenerosidade e miremos ao noso pobo con orgullo e humildade a un tempo, nel está a solución.

Cara unha nova cultura política galega
comentarios