xoves 02.07.2020

Arredor do hospital de Verín

Son da opinión de que un servizo público non ten porque ser precisamente rentable. Ten que dar servizo. O mero feito de ser eficaz á hora de asistir un parto, unha operación, ou a quen está morrendo non pode ter cuantificación económica. É inhumano. Vivimos na parte máis bonita do planeta onde a vida vale algo, hai demasiados sitios nos que iso non é así.

O certo é que se poderían enumerar as mil razóns que existen para esixir a inmediata revogación da decisión do peche do paridoiro do hospital de Verín. Entre elas hai razóns tan poderosas como a seguridade das mulleres xestantes da comarca ou non ter que recorrer unha cantidade excesiva de kilómetros en estradas de alta montaña por temas de urxencias pediátricas, cos riscos que iso supón. Ou, sen ir máis lonxe, o mero feito de non querer deixar de dispor dun servizo que é básico e fundamental para un hospital que abrangue unha parte tan extensa da provincia.

O do paritorio é outra gota máis dese vaso de improperios que se está enchendo e, por ende, tamén a paciencia dunha poboación que, unha vez máis, se sinte ninguneada por parte de quen está a cargo da brigada de demolición

O hospital de Verín sempre se sentiu na comarca coma un dos bens máis prezados que temos. O que escribe (que non se considera tan vello) naceu en Ourense cando non existía unha autovía que nos levase dende Berrande á residencia do Complexo Hospitalario de Ourense. Coma min, tantos que tiñan que facer ese vía crucis de N-525, e deus nos apartase dun ou máis camións subindo as Estivadas se tiñamos unha urxencia. A vida mudou, apareceu o hospital e pouco a pouco a calidade de vida da comarca foi mellorando.

O do paridorio é outra gota máis dese vaso de improperios que se está enchendo e, por ende, tamén a paciencia dunha poboación que, unha vez máis, se sinte ninguneada por parte de quen está a cargo da brigada de demolición. Porque realmente o que se está a facer é derrubar o que se construiu con moito esforzo e traballo. 

Son da opinión de que un servizo público non ten porque ser precisamente rentable. Ten que dar servizo. O mero feito de ser eficaz a hora de asistir un parto, unha operación, ou a quen está morrendo non pode ter cuantificación económica. É inhumano. Vivimos na parte máis bonita do planeta onde a vida vale algo, hai demasiados sitios nos que iso non é así.

O que pasa é que a camarilla de neocons que nos malgoberna son da idea de que un servizo tan primordial, e do que máis deberiamos de estar orgullosos de ter no noso estado de benestar, é moi caro para as arcas públicas. E no seu razoamento oportunista e mezquino son máis amigos de que o xestione o sector privado, pagando todos, iso si. E xa se pode ser a empresa dun colega, pois negocio redondo.

Quixera para rematar, e xa que teño a oportunidade, dar as grazas a todo o persoal sanitario que me atendeu ao largo da miña vida nese hospital

O que pasou o sábado en Verín foi un momento histórico. Unha comarca abrazando ao seu hospital e aos seus profesionais, que son os heroes que nos salvan a vida! Unha marea de xente esixindo dignidade e respecto, porque aínda por riba sacan peito de desmantelar o que non é deles. Chulos, arrogantes e malfalados.

O que pasa é que agora, e dende agora, van ter a cidadanía de frente, e non se vai afrouxar. Porque se empeza por eliminar o servizo de dermatoloxía, o paridoiro, recortes en persoal... e remátase malvendendo o hospital. Que é o fin último desta panda de ineptos.

Porque se empeza por eliminar o servizo de dermatoloxía, o paridoiro, recortes en persoal... e remátase malvendendo o hospital. Que é o fin último desta panda de ineptos

Quixera para rematar, e xa que teño a oportunidade, dar as grazas a todo o persoal sanitario que me atendeu ao longo da miña vida nese hospital. Algunhas veces por causas máis laxas e outras, por desgraza, máis duras. Son vostedes do mellor que temos coma sociedade e o seu traballo non ten prezo. Tamén á Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, por ser quen de tecer unha malla tan forte a nivel social en defensa do de todos. Grazas de corazón.

Verín non se pecha, só faltaba...

Arredor do hospital de Verín
comentarios