Imprimir

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, de visita na Gudiña

Diario do Támega | 06 de agosto de 2019

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, saúda a un integrante da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de A Gudiña, diante do alcalde, José María Lago.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, saúda a un integrante da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de A Gudiña, diante do alcalde, José María Lago.
A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Gudiña recibiu nos últimos anos axudas e equipamento por valor de case 80.000 euros. Así o fixo saber o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, que esta mañá mantivo un encontro cos seus integrantes

A Xunta está a colaborar este ano cun total de 39 Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) para prestar asistencia aos peregrinos que percorren o Camiño de Santiago. Os voluntarios ocúpanse, entre outras funcións, de patrullar as rutas que pasan polo seu termo municipal e concellos limítrofes e atender aos camiñantes por cuestións propias de protección civil: axuda personalizada, traslado de feridos ou primeiros auxilios. Así o explicou hoxe o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante a súa visita aos membros do Grupo de Emerxencia Supramunicipal (GES) e da AVPC da Gudiña, que tamén colabora nesta iniciativa. No acto estivo acompañado polo alcalde, José María Lago, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira. Rueda destacou que o colectivo do concello ourensán recibiu nos últimos anos axudas e equipamentos por valor duns 80.000 euros. 

Esta colaboración entre a Xunta e as agrupacións de Protección Civil realizábase inicialmente só nos anos Xacobeo. A partir de 2016, e dada a cada vez maior afluencia de peregrinos, decidiuse habilitar este plan de forma anual. Comezou con 7 agrupacións do Camiño Portugués. Agora xa chega a 39 e cubre tamén tramos do Camiño Portugués e da Vía da Prata.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/a-gudina/vicepresidente-da-xunta-alfonso-rueda-visita-gudina/20190806171853003171.html


© 2019 Diario do Támega

O primeiro dixital da comarca de Monterrei