Imprimir

Estabilizado o lume que queimou unhas 6 hectáreas na parroquia verinense de Ábedes

Redacción | 01 de xullo de 2020

Primeiros instantes do lume que esta tarde arrasou 6 hectáreas nos montes de Ábedes. | FOTO: Brigada do Maroxo.
Primeiros instantes do lume que esta tarde arrasou 6 hectáreas nos montes de Ábedes. | FOTO: Brigada do Maroxo.

Pouco despois das nove da noite, segundo informa a Consellería de Medio Rural, quedaba estabilizado o lume que case catro horas antes se declaraba na parroquia de Ábedes, moi cerca da autovía A-52, no termo municipal de Verín. As lapas queimaron unhas 6 hectáreas de monte raso e arboredo e chegaron a estar a medio kilómetro das vivendas da localidade. 

Nas labores de extinción participaron oito brigadas, catro motobombas, tres axentes forestais, un técnico, dous hidroavións e tres helicópteros. 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/verin/estabilizado-lume-queimou-parroquia-verinense-abedes-cerca-6-hectareas/20200701222829009150.html


© 2021 Diario do Támega

O primeiro dixital da comarca de Monterrei