David Rodríguez Rivada, (Ourense 1981), Doutor en filoloxía hispánica (Universidade de Vigo, 2017), graduado en filoloxía clásica (Universidade de Santiago, 2020) e titulado profesional en música (especialidade: violonchelo, Conservatorio profesional de música de Vigo, 2003), ingresa no corpo de profesores de Secundaria na especialidade de música en 2004, e desempeña o seu labor docente no IES Xesús Taboada Chivite desde 2005. Vén compaxinándoa desde hai anos coa súa actividade musical en agrupacións varias (Orquestra de cámara Divertimento, Orquestra clásica de Vigo, Cuarteto de corda Rock de cámara, Cuarteto de corda Sotto voce, Banda de gaitas Nova fronteira e Cartelle, Banda de gaitas Nova era), desenvolvendo concertos didácticos, actuacións de todo tipo e, desde 2013, musicais levados a cabo con alumnado do seu centro (Os miserables, 2013; Moulin Rouge, 2014; Mamma mia!, 2015; Hoxe non me podo levantar, 2016; Grease, 2017; A Bela e a Besta, 2018-19; e, despois do parón obrigado da Pandemia, La la land, en xuño de 2023). Publicou a súa tese doutoral (O mito de Don Juan na ópera Don Giovanni de Mozart) e material didáctico (o libro de texto dixital para Música 2º ESO de Netex, en Edixgal).