sábado. 27.04.2024
Casa do Concello de Viana.
Concello de Viana. I FOTO: Iván Iglesias.

O Concello de Viana lanzou unha bolsa de emprego na que busca unha decena de novos traballadores, co obxectivo de reducir a temporalidade do seu persoal e crear postos máis estables. O prazo de presentación de solicitudes xa está aberto, dende a súa no Boletín Oficial do Estado, e rematará a finais deste mes.

As prazas a cubrir son unha de psicólogo para o CIM, outra de asesor xurídico tamén no CIM, unha de técnico de emprego, de asistente social, de auxiliar administrativo dos Servizos Sociais, unha de oficial conductor, de peón albañil, de electricista, de limpiador, de conserxe do colexio e administrativo da Tesouraría. Todos estes postos ofrécense a xornada completa, a excepción do de asesor xurídico no CIM que será parcial.

As bases da convocatoria están dispoñibles no Boletín Oficial da Provincia e as solicitudes pódense presentar a través da web do Concello de Viana ou de xeito presencial no Rexistro municipal. A solicitude irá acompañada dunha copia do DNI, das titulacións esixidas nas bases, o certificado CELGA que acredite o coñecemento da lingua galega e o índice e copia da documentación achegada para o concurso de méritos.

Arquitecto interino

Esta mesma semana, o Boletín Oficial da Provincia publicou unha nova resolución para a convocatoria dunha bolsa de emprego para cubrir, mediante funcionario interino, a praza de arquitecto do Concello de Viana. O prazo de presentación de solucitudes abriuse hoxe e manterase ao longo de dez días hábiles. As bases da convocatoria están dispoñibles aquí.

NOTICIAS VIANA | O Concello busca traballadores e lanza unha bolsa de emprego