martes. 15.10.2024
O escritor verinense Xosé Carlos Caneiro, na entrega de premios dun dos últimos certames.
O escritor verinense Xosé Carlos Caneiro, na entrega de premios dun dos últimos certames.

Para fomentar a creatividade literaria das persoas que estudan nos centros de ensino da comarca, o Concello de Verín, coa colaboración de Gadis, vén de convocar unha nova edición do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez que terá, como bases, as seguintes:

  • Poderán participar persoas matriculadas en Primaria (5º ou ), ede ESO, e e de ESO en calquera dos centros da comarca de Verín.
  • O poema será orixinal e inédito, de tema e estilo  libre; estará escrito en galego; presentarase cun pseudónimo e poderá levar “título”; e non superará os 24 versos. A persoa autora terá que concibilo para ser editado con caracteres tipográficos sobre un formato DINA4.
  • A fase de preselección realizarase segundo o criterio de cada centro participante, que poderá enviar á fase de selección un máximo de 3 poemas, creados por persoas distintas matriculadas no centro, en cada unha das tres categorías.
  • Os poemas preseleccionados en cada centro enviaranse a [email protected], antes das 12 h do día 5 de maio, en ficheiro en formato PDF que se denominará co PSEUDÓNIMO (utilizado pola persoa autora) seguido de _P56 (se é de Primaria), _E12 (1º e 2º de ESO) ou _E34 (3º e 4º de ESO).
  • O Xurado Cualificador estará composto por persoas con dereito a voz e voto, propostas pola Concellería de Cultura e Educación do Concello de Verín, e por un secretario, con voz e sen voto, que representará á organización. As súas decisións serán inapelábeis.
  • Todas as persoas autoras dos traballos finalistas recibirán un diploma e un lote de libros.
  • En cada unha das tres categorías entregaranse os seguintes premios: 90 euros ( premio), 60 euros ( premio) e 30 euros ( premio). De estimalo o Xurado, algún poderá quedar deserto.
  • O Concello de Verín resérvase o dereito de publicación dos poemas premiados con dotación económica. As persoas autoras e as que legalmente as representen asinarán para iso unha declaración de responsabilidade acreditativa de que as obras son orixinais e inéditas; e autorizarán, de maneira expresa, para que, tanto na totalidade como parcialmente, o Concello de Verín (que respectará os dereitos morais das persoas autoras) as poida reproducir, comunicar e distribuír, en calquera forma ou soporte, para todo o mundo e mentres estea autorizado pola lexislación vixente. Os premios en metálico consideraranse compensación económica pola cesión de dereitos.   
  • Para incentivar a lectura e escritura en galego, os centros radicados no concello de Verín, en cada un dos niveis que presenten tres traballos preseleccionados que cumpran as Bases, recibirán un bono para adquisición de libros por importe de 60 euros. Os centros radicados noutros concellos da comarca, se o seu concello apoia esta proposta, como discriminación positiva, por ter un número moito menor de persoas matriculadas, recibirán un bono 20 de euros por traballo preseleccionado.
  • A organización resérvase o dereito de interpretar ou modificar estas Bases, informando aos centros participantes.

 

NOTICIAS VERÍN | Convocada unha nova edición do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro