jueves. 25.04.2024
José Luis Corral e María Solar, nunha das sesións de Novela Histórica. | FOTO: M. D.
José Luis Corral e María Solar, nunha das sesións de Novela Histórica. | FOTO: M. D.

Un total de 375 persoas -150 na actividades enfocadas aos centros educativos e 225 no resto de conferencias- participaron nas actividades programadas da IV edición das Xornadas de Novela Histórica de Verín. Desde a organización do evento cualifican este resultado como un “éxito total de participación”, ademais de ser un claro indicativo de que este evento está xa totalmente consolidado na axenda cultural da vila do Támega.

A concelleira de Cultura, Emilia Somoza, salientou os excelentes resultados de asistencia obtidos en todas as actividades programadas non marco as xornadas e recalcou que "a gran acollida do público obtida nestas xornadas de novela histórica -a pesar da actual situación sanitaria- demostran que esta iniciativa xa é, sen dúbida algunha, uns dos referentes da axenda cultural verinesa".

Pola súa banda, desde a dirección da Biblioteca Municipal, entidade responsable organización, comparten opinión coa equipa de goberno e fan un balance "máis que positivo, xa que as cifras finais demostran un éxito total de participación". Por outra banda quixeron agradecer o esforzo e apoio mostrado por todos os seus colaboradores e patrocinadores, así como o de todas as autoras que participaron nesta edición das xornadas.

Nesta edición, cinco autoras de primeiro nivel nacional -Luz Gabás, María Solar, Rosario Raro, Eva Mejuto e María Vila-, ás ordes de José Luis Corral e Pepe Calvo Poyato, compartiron as súas paixóns, inquedanzas, segredos e coñecementos convertendo a Verín no epicentro cultural da novela histórica durante estes dous días. Amenizou as xornadas a artista Sara Ruiz ao ritmo da súa viola de gamba.

NOTICIAS VERÍN | As Xornadas de Novela Histórica consolídanse con 375 asistentes na súa...