sábado. 20.04.2024
Axenda cultural.

Chega unha nova fin de semana e, con ela, as ganas de deixar atrás a rutina por uns días. Deseguido, algunhas propostas contra o aburrimento e moi pretiño de casa!

Para os afeccionados das tradicións e forma de vida de antano, traémosvos unha visita teatralizada pola Vía da Prata en varios puntos da comarca;  unha xornada de malla en Chaguazoso, A Mezquita, tal e como a facían os nosos avós; ou obradoiros nos que revivirán os oficios da cestaría, da olería ou do barro; arqueometalúrxia ou contacontos antigos, todos en Riós.

Para os fanáticos da música, ineludible cita cos gaiteiros da 36ª xuntanza internacional celebrada, na súa maoría, no Castelo de Monterrei. Consulta o noso evento para coñecer todos os lugares e horarios, porque hai sorpresas!

E… Os deportistas? Acaso pensabades que nos esqueceramos de vós? Podedes ir movelo corpo ata Casas dos Montes, en Oímbra, cunha masterclass de zumba onde danzar ao son dos mellores ritmos. Para os outros amantes do deporte, eses que prefiren só velo… O Verín C. F. festexa o seu 50 aniversario cun encontro co histórico Pontevedra no José Arjiz.

Non podíamos marchar sen contarvos as opcións para os máis cativos da casa. Nova edición de Venres de conto, co espectáculo ‘Brincadeira pirata’ ou ‘Cartoons’, teatro para concienciar da importancia de coidar o medio ambiente, ámbolos dous en Verín. E, ademais, se tes entre seis e 12 anos e queres vivir aventuras diferentes, curso de equitación en VencesAgora tomade todos nota… E a desfrutar! Boa finde!

AXENDA | Sen plans para esta fin de semana? Velaí algunha das nosas propostas de lecer