Xoves. 28.03.2024

Evento

Visitas teatralizadas pola Vía da Prata

27/08/21 a 29/08/21
12:00 a 23:59
Monterrei
Acción en ruta.
Acción en ruta.

A mediados do século XVII, durante a Guerra de Secesión entre España e Portugal, un peregrino percorre estas terras convulsas cara a Santiago de Compostela. Nestas visitas teatralizadas serás testemuña dunha serie de encontros e desencontros entre personaxes de ambos bandos, que viven aventuras e intrigas arredor do Camiño de Santiago.

Cada visita responderá a unha trama concreta, con personaxes e escenarios diferentes. O obxectivo é que en cada convocatoria os espectadores se sorprendan con loitas entre cabaleiros, amoríos, amizades sinistras... e moitas outras temáticas ao redor do Camiño de Santiago.

A cita é o venres 27 en Retorta; o sábado 28 en Cualedro; e o domingo 29 en Vences. As actuacións desenvólvense no exterior, de maneira gratuíta pero con obrigatoria inscrición.