lunes. 29.04.2024
Gala Letras Galegas 2023 concello verín gañadores certames literarios
Gala das Letras Galegas do 2023 no Auditorio de Verín.

O Concello de Verín vén de convocar os concursos literarios que organiza co fin de fomentar a creatividade entre a mocidade da bisbarra e de promover o uso da lingua galega. Por unha banda, o Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro; pola outra, o Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez.

Cunhas bases de participación que non modifican as de pasadas edicións, ambos certames teñen unha grande acollida entre o alumnado dos centros de ensino da bisbarra. O ano pasado, 56 obras foron presentadas á fase final dos dous concursos literarios: 30 narracións e 26 poemas. 

Dirixido ao alumnado de Primaria e Secundaria dos centros de ensino da comarca, será na Gala das Letras Galegas cando se desvele que obras resultan gañadoras. Polo momento, ata o vindeiro 2 de maio permanecerá aberto o prazo para presentar obras literarias a ambos concursos.

Bases Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro

Bases Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez

NOTICIAS VERÍN | Tempo de certames literarios, o Concello convoca á mocidade