viernes. 14.06.2024
230518 Gala Letas Galegas 2023 (FILEminimizer)
Gala das Letras Galegas celebrada no Auditorio de Verín. | FOTO: Concello de Verín.

Os primeiros premios dos certames literarios organizados polo Concello de Verín e Supermercados GADIS con motivo do Día das Letras Galegas, recaeron no alumnado do IES Castro de Baronceli, do Colexio Plurilingüe María Inmaculada e do CEIP Amaro Refojo. Cada un destes centros levouse dous primeiros premios.

Nesta edición, un total de 56 obras foron seleccionadas para optar ós premios que se entregaban na Gala do Días das Letras Galegas celebrada no Auditorio de Verín; trinta narracións para o Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez e 26 poemas no Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez.

Primeiros premios

Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez.

  • 5º e 6º de Primaria: "As augas do tempo", de Paula Novoa Sotelo, alumna do CEIP Plurilingüe Amaro Refojo.
  • 1º e 2º de ESO: "Unha viaxe durmida", Kira Cortés Adegas, alumna do IES Castro de Baronceli.
  • 3º e 4º de ESO: "Un raio de esperanza", de Miguel Rey Álvarez, alumno do Colexio Plurilingüe María Inmaculada.

Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez

  • 5º e 6º de Primaria: "Nai", de Candela Rivero Carrasco, alumna do CEIP Plurilingüe Amaro Refojo
  • 1º e 2º de ESO: "Ela é", de Eva Calviño Álvarez, alumna do Colexio Plurilingüe María Inmaculada
  • 3º e 4º de ESO: "O silencio", de María Alfonso Fernández, alumna do IES Castro de Baronceli.


Ademais dun premio económico, tamén se repartiron lotes de libros e un diploma para todos os traballos premiados e finalistas.

NOTICIAS VERÍN | Os certames literarios de Verín premian ó alumnado dun instituto e...
Entrando en la página solicitada Saltar publicidad