xoves 22.08.2019
O evento será este xoves de 11:30 h a 13:30 h

Executivas de Galicia organiza un obradoiro sobre emprendemento e empoderamento

Cartel do evento.
Cartel do evento.

O centro de desenvolvemento corporativo do polígono de Pazos acollerá o día 13 de xuño un obradoiro de emprendemento e empoderamento. 

O evento, patrocinado pola Asociación de Executivas de Galicia terá lugar entre as 11:30 h e a 13:30 h e contará, na súa inauguración, coa secretaria xeral de Emprego da Xunta de Galicia, Covadonga Toca Carús, e coa presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky.

As persoas que queiran apuntarse, poderán facelo a través do correo electrónico [email protected] Nestas charlas aproveitarase para falar da sexualidade femenina, "un tema aínda tabú en moitas ocasións".

Executivas de Galicia organiza un obradoiro sobre emprendemento e empoderamento
comentarios