sábado. 27.04.2024
Casa do Concello de Viana.
Concello de Viana. I FOTO: Iván Iglesias.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade deu luz verde a adxudicacion por máis dun millón de euros das obras de acondicionamento da estrada OU-129, que transcorre polos Concellos da Veiga, Viana e o Bolo coa previsión de que comecen este mesmo verán.

Segundo informa a Xunta, as obras, que forman parte da aposta da Xunta para a conservación e no mantemento da rede viaria autonómica, foros adxudicadas á empresa Aglomerados y Construcciones Valdeorras, S. A., e comezarán no vindeiro mes, cun prazo de execución estimado de seis meses.


A intervención consistirá no reforzo do firme nun tramo de máis de diez kilómetros de lonxitude que ten coma obxectivo a mellora da seguridade viaria. Os traballos inclúen a reposición da barreira metálica existente, a renovación da sinalización vertical, así como a colocación de fitos e captafaros xunto co repintado e a limpeza das marxes da estrada.

No marco deste contrato, actuarase tamén na conexión da estrada OU-533, ampliando a plataforma dun ramal para dar continuidade á sección da estrada.


A OU-129, a antiga OU-0804, é titularidade da Xunta, despois da sua aprobación o pasado 24 de setembro de 2020 polo Consello da Xunta. Este cambio da cumprimento ao acordado coa Deputación Provincial de Ourense, polo que esta asumiu a titularidade das estradas OU-211 e OU-400.

A Xunta adxudica as obras da OU-129 que pasa por A Veiga, Viana e O Bolo