Domingo 16.06.2019
Arredor de 300 escolares sairán do María Inmaculada para percorrer as rúas e o contorno da vila montados en bicicleta

O clube BTT Verín porá fin este mércores, cunha marcha ciclista polo val, ás primeiras Xornadas de Educación Vial

Tres institucións académicas -María Inmaculada, Amaro Refojo e Princesa de España-, Garda Civil de Tráfico, Dirección Xeral de Tráfico, Protección Civil, Cruz Vermella e o propio clube organizador, o BTT Verín, son os responsables do éxito das primeiras Xornadas de Educación Vial para escolares que se organizaron na vila. 

Un escolar en bicicleta cede o paso a un peatón -axente da Policía Local de paisano, Fernando Castro- no circuito de Educación Vial montado no patio do María Inmaculada. | FOTO: CARLOS MONTERO
Un escolar en bicicleta cede o paso a un peatón -axente da Policía Local de paisano, Fernando Castro- no circuito de Educación Vial montado no patio do María Inmaculada. | FOTO: CARLOS MONTERO

Arredor duns 300 rapaces das escolas participantes nas primeiras Xornadas Escolares de Educación Vial porán fin a catro intensos días de sensibilización este mércores cunha rota ciclista que percorrerá as principais rúas da vila ata Tintores pola beira do río, para regresar pola avenida de Laza ao seu punto de partida. Os alumnos de quinto e sexto de Primaria do CPR María Inmaculada, CEIP Princesa de España e CEIP Amaro Refojo estarán acompañados en todo o traxecto por membros da Garda Civil de Tráfico do cuartel de Verín, axentes da Policía Local da vila e voluntarios da Agrupación de Protección Civil. Non faltarán tampoco compoñentes do clube ciclista BTT Verín, organizadores deste primeiro ciclo de accións formativas que contou coa implicación da dirección dos diferentes centros escolares, alumnos e, sen dúbida, das distintas forzas e corpos da Seguridade do Estado. Tamén a Dirección Xeral de Tráfico, co seu xefe provincial ao frente, David Llorente, e a súa responsable de Educación Vial, Sinda Aguiar, estiveron presentes na penúltima das xornadas, que se desenrolou no patio descuberto do María Inmaculada e na que os cativos viviron unha mañá moi distinta a de calquera outro día. 

Arrancou cunha charla-coloquio dirixida polo Teniente da Guardia Civil de Tráfico, Juan Carlos Nogueiras, falando sobre as normas básicas de circulación ante un ateigado salón de actos.

64390164_2276183692622529_6662753088060784640_nO salón de actos do María Inmaculada quedou pequeno para escoitar ao Teniente da Garda Civil, Juan Carlos Nogueiras. 

Logo, os escolares saíron á intemperie para participar no circuito de educación vial que no patio se montara, e tamén no de habilidade enriba da bicicleta. Pero, sen dúbida o que máis chamou a atención da cativada foi a presenza dos vehículos das forzas de seguridade, de Protección Civil e mesmo do Consorcio Provincial de Bombeiros

WhatsApp Image 2019-06-11 at 21.57.08No patio das "monxas" establecéronse un par de circuitos: un de habilidade e outro de educación vial.

Este mércores, dende as 11 de mañá, e co punto de partida as instalacións do María Inmaculada, clausurarase, con esa rota ciclista, a primeira edición destas xornadas de concienciación organizadas polo clube ciclista BTT de Verín. 

WhatsApp Image 2019-06-11 at 11.52.05Os vehículos da Garda Civil foron os máis demandados polos cativos.

O clube BTT Verín porá fin este mércores, cunha marcha ciclista polo val, ás primeiras...