xoves 06/08/20

Máis de 1.000 verinenses acudirán á manifestación pola loita da Sanidade Pública en Santiago

Este domingo, 9 de febreiro, ás 12:00 horas celebrarase en Santiago de Compostela unha manifestación en defensa da Sanidade Pública Galega, a que acudirán un gran número de veciños da comarca.

Cartel da vindeira manifestación en defensa da sanidade pública galega en Santiago de Compostela.
Cartel da vindeira manifestación en defensa da sanidade pública galega en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela acollerá este domingo, 9 de febreiro, unha manifestación en defensa da Sanidade Pública Galega. Sairase ás 12:00 horas do parque da Alameda, e percorreranse as rúas da cidade para reclamar un servizo público e de calidade.

Dende a estación de autobuses de Verín saíran 6 autobuses de Socitransa e a saída efectuarase ás 09:15 horas. Para mercar o billete hai que facelo de maneira anticipada na propia estación de autobuses e o custo son 7 euros. Na Mezquita saíran 2 autobuses máis da empresa M. Pérez, e a CIG tamén leva outro máis. Estímase que máis de 1.000 verinenses acudan á manifestación, contando as persoas que xa están en Santiago, os que van en autobús e os que se desprazan á capital galega no seu propio vehículo.

Aurora Sola, a voceira da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Comarca de Monterrei asegura que "vai ir moita xente de toda a comarca, porque están moi mobilizados e sensibilizados co tema". A pesar de que se reabrira o paritorio e as urxencias pediátricas -feito que contenta á poboación-, os veciños e veciñas da comarca queren seguir loitando para reivindicar os servizos e profesionais que precisa o Hospital de Verín.

manifaManifestación do 30 de novembro en Verín, loitando para que reabriran o paritorio e as urxencias pediátricas do Hospital Comarcal.

Na manifestación berrarase contra o deterioro da Atención Primaria e o desmantelamento e peche de servizos nos Hospitais Públicos, contra as listas de espera e a precariedade do persoal da sanidade pública, e contra a privatización da Sanidade Pública Galega.

Máis de 1.000 verinenses acudirán á manifestación pola loita da Sanidade Pública en...