sábado 14.12.2019
o concello gañador recibirá 30.000 euros de premio e cada ticket de compra de 10 euros permitirá un voto

Supermercados Gadis abre o concurso para escoller ao mellor entroido galego

Cartel da firma de supermercados polo que se busca ao mellor entroido galego.
Cartel da firma de supermercados polo que se busca ao mellor entroido galego.

Cal é o mellor entroido de Galicia? Gadis busca unha resposta a esta pregunta poñendo en marcha a campaña “O meu entroido é o mellor!”. A cadea de supermercados lanzou este orixinal concurso convocando a todos os concellos galegos a participar e agora abre o prazo para votar entre as candidaturas presentadas. Os premios ascenden a 40.000 euros (30.000 € para o 1º e dous accésit de 5.000 euros cada un). 

O período de elección xa está aberto en www.gadis.es/entroido desde este venres 20 de setembro e finaliza o 30 de novembro. Todas as votacións son online. As bases do concurso establecen dúas fórmulas: facilitando un mail na web, admitíndose unicamente un voto por cada correo electrónico. A segunda opción é por tickets de compra superiores a 10 euros nos Supermercados Gadis. Introducindo o número do ticket na web poderase emitir un voto. 

Cada unha das candidaturas -entre as que está a de Verín- atópase na web da cadea de supermercados, un percorrido virtual polas celebracións de anos precedentes en diferentes puntos da xeografía galega participantes no concurso, que servirá para que o público decida o seu voto. O arraigamento do entroido como unha das manifestacións culturais e festivas máis importantes é unha das claves polas que Gadis decidiu lanzar este concurso, ratificando o seu compromiso coas tradicións de Galicia. 

Para votar polo entroido de Verín deberá accederse ao seguinte enlace: https://www.gadis.es/entroido/localizacion.php?village=25.

Supermercados Gadis abre o concurso para escoller ao mellor entroido galego
comentarios