
A colisión produciuse cando un avión Foca (Canadair CL-215), que se atopaba realizando as tarefas de extinción en Manín, impactou contra a ladeira do monte.
#Brif Laza cuando llegamos nos encontramos a dos heridos. Les dimos los primeros auxilios. Uno de ellos perdió la consciencia y tuvimos q hacer rcp. Zona difícil acceso, los servicios sanitarios tardaron 1 hora en llegar. pic.twitter.com/aFhv649pzK
— Diario de un Bombero (@BrifLaza) August 8, 2020
Os dous tripulantes resultaron feridos no accidente. A BRIF de Laza informou, a través da súa conta de Twitter, do estado de ambos: un deles perdeu rapidamente a consciencia, mentres que o segundo continuaba consciente no momento do rescate.
Ambos conseguiron abandonar a aeronave polo seu propio pé pero o compañeiro falecido, un portugués duns 65 anos, só puido camiñar uns metros ata esvaecerse.
Os servizos de emerxencia enviados para colaborar nas labores de rescate dos tripulantes do avión accidentado. | FOTO: Noelia Caseiro.
Os servizos sanitarios tardaron unha hora en chegar debido a que se trataba dunha zona de difícil acceso. Tras varios intentos de reanimalo, o primeiro tripulante perdeu a vida e o compañeiro, un salamantino de 35 anos que permanecía consciente no momento do rescate, tivo que ser trasladado en estado grave e con politraumatismos.
Dia muy duro para #Brif Laza.
— Diario de un Bombero (@BrifLaza) August 8, 2020
Finalmente uno de los tripulantes, el que perdió la consciencia y al que estuvimos haciendo la rcp falleció.
El otro fue evacuado ya por el Pesca1 y parece que dentro de la gravedad está consciente. pic.twitter.com/uclcJxgUqP
Segundo as primeiras hipóteses, apúntase a que a aeronave perdeu potencia cando se aproximaba ao foco do lume, porque testigo presenciais aseguraron que descargou a auga antes de achegarse ás lapas. Posteriormente, tras entrar en pérdida, acabou colisionando contra a ladeira dun monte con moitas rochas.
Ás 5 da tarde, o corpo do compañeiro falecido permanece no monte de Val de Aceredo, no Concello de Lobios á espera de que o forense, Fernando Serrulla, se achegue para proceder ao levantamento do cadáver.
As lapas continúan en Lobios tras queimar 10 hectáreas de parque natural. Os medios aéreos e terrestres seguen colaborando nas labores de extinción.
Unha das aeronaves que continúa realizando as labores de extinción en Manín, (Lobios), tras o rescate do hidroavión accidentado. | FOTO: Noelia Caseiro.
O lume iniciouse hoxe, sábado, 8 de agosto, ás 8:00 horas da mañá e na súa extinción lévanse mobilizado: 4 axentes, 8 brigadas, 3 motobombas e 9 avións.