"Para falar del hai que facer unha enciclopedia, foi sempre unha persoa moi cercana e que se adicou toda a vida aos demais", di Albino García sobre Don Manuel Sulleiro, antigo párraco de Verín que faleceu este martes 10 de marzo, polo que a vila se tinguiu de negro, pois era unha persoa moi querida.
Albino García ten 57 anos e recorda a Don Manuel dende que o coñeceu con tan só 6 anos. Foi un dos centos de Juniors que compartiron horas e horas con Don Manuel, na catequese, nos campamentos que organizaba o párroco, en andainas e en diversas actividades para recaudar diñeiro.
O antigo Junior conta que tal era a xenerosidade e bo facer de Don Manuel que nunha ocasión invitou a un grupo de anciáns a ir de campamento cos Juniors. Mentres estaban comendo, Don Manuel animou aos máis maiores a crear unha asociación da terceira idade e así poder pasar tempo nalgún lugar, realizar actividades e facer, en definitiva, a rutina máis amena. Naquela época todo era máis difícil e non existían as facilidades das que se dispón agora, entón, Don Manuel, con toda a súa boa fe, cedeu o salón do local dos Juniors para que cada domingo se reuniran alí. Co paso do tempo, eran tantos que o habitáculo quedaba pequeno, e foi entón cando se creou o centro da terceira idade na Alameda de Verín.
Eses campamentos era outra das actividades que organizaba ano tras ano Don Manuel. El sabía que a situación económica era complicada para moitas familias e, por iso, reunía os Juniors, organizaban como podían a viaxe e ían coñecer o mar, a praia, facer marchas e así, darlle unha oportunidade aos máis cativos de saír da rutina e coñecer lugares fóra de Verín. Don Manuel acompañábaos sempre, ata que a súa irmá enfermou e, a pesar de que seguía organizando os campamentos, quedaba en casa coidandoa.
Colgou os hábitos no 2012 para coidar dos seus irmáns
Foi arredor do ano 2012 cando Don Jorge Sulleiro, irmán de Don Manuel e tamén párroco da vila, enfermou. Ante a situación, Don Manuel abandoou o seu labor parroquial para adicar todo o seu tempo ós seus dous irmáns. Tras anos e anos bautizando, confirmando e, o máis importante, sendo un segundo pai para moitos cativos, Don Manuel díxolle adeus a esa gran labor que emprendeu na vila.
A cativada Junior nunha das actividades que organizaba Don Manuel. | FOTO: Juniors Verín.
Algo que destaca de Don Manuel é que nin buscaba ser coñecido nin o protagonismo, de feito, segundo contan os seus achegados, nin a el nin a seu irmán Don Jorge lles gustaba ser os protagonistas. Todo o que emprenderon ao longo das súas vidas foi porque así o creron convinte, por amor ó ser humano, xenerosidade e fe na sociedade.