mércores 03.06.2020
XA están en camiño os nove autobuses, 2 dende A Mezquita, para facerse oír ás portas do Parlamento galego

Arranca cara Compostela a caravana do #Verínnonsepecha

A caravana de autobuses ocupaba o primeiro tramo da avenida de Portugal e tamén a rúa Constitución. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
A caravana de autobuses ocupaba o primeiro tramo da avenida de Portugal e tamén a rúa Constitución. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

Case con media hora de antelación sobre o horario previsto, comezaron a achegarse os primeiros viaxeiros da particular caravana organizada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública na comarca de Monterrei camiño de Santiago de Compostela. A avenida de Portugal, nas inmediacións da praza do Concello e do edificio da vella Aduana, era un fervedoiro de xente con ganas de prantarse diante das portas do Pazo do Hórreo para facerse oír á hora na que o presidente que anda á procura de pediatras para o hospital compareza. Ás nove e vintecinco minutos arrancaba o primeros dos omnibuses, o último dende a vila faríao dez minutos antes das dez da mañá.

Un dos autobuses fará, antes de chegar á capital compostelana, un par de paradas. A primeira, en Xinzo de Limia. A segunda xa na capital de Ourense, na explanada entre os barrios de Vistahermosa e O Couto. 

Pouco antes de partir a expedición, chegaba o vehículo do avituallamento para repartir os bocadillos que os viaxeiros degustarán xa de regreso de novo á vila verinense. A hora de chegada está prevista a partires das catro e media da tarde no mesmo lugar de orixe. 

Arranca cara Compostela a caravana do #Verínnonsepecha
comentarios