luns 12/04/21
O alcalde alega que a súa designación foi axustada a dereito

O BNG recorre ós tribunais para que anulen o pleno da moción de censura en Viana do Bolo

BNG de Viana do Bolo. | Foto: Facebook BNG Viana do Bolo.
Algúns dos participantes da Asamblea Local do BNG, entre outros Noa Presas, parlamentaria por Ourense do BNG.

O BNG de Viana do Bolo vén de facer pública a presentación dun recurso ante o Xulgado Contencioso Administrativo de Ourense, no que pediron a nulidade do pleno de moción de censura que lle deu a alcaldía ó ex socialista Abelardo Carballo Alonso.

O propio partido anunciou a presentación dun contencioso solicitando revocar o pleno do 1 do setembro pasado, no que se debatiu e aprobou dita moción, producíndose así un cambio de goberno.

Segundo os nacionalistas, neste pleno os votos do PP de Andrés Montesinos e de dous prófugos do PSOE, apartaron da alcaldía a Secundino Fernández, antidemocraticamente e de maneira ilegal.

Unha sentenza da sección cuarta da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo declarou que os concelleiros tránsfugas non poden aceptar novos cargos e retribucións que supoñan melloras económicas e políticas.

O BNG comunicou que o Tribunal Supremo lle deu a razón, recoñecendo así o carácter antidemocrático da xa mentada moción de censura; polo que agora solicítanlle á Audiencia Provincial que faga efectiva a sentenza do TS, devolvendolle a legalidade ó concello de Viana.

Carballo Alonso quere por en coñecemento de todos os veciños e veciñas que nos informes dos Servizos xurídicos da Deputación e da Secretaría do concello, concluese, sen lugar a dúbidas, que a moción de censura e a súa designación como alcalde, foron plenamente axustadas a dereito.

O rexedor alega que a pesar da confusión que o BNG tenta sembrar entre os residentes a través desta noticia, tanto el como o seu equipo de goberno seguirán traballando á fronte do concello coa mesma ilusión, continuidade e tesón que o primeiro día, intentando levar adiante o maior número de proxectos posibles pese a todas as trabas que lle está a por a oposición.

O BNG recorre ós tribunais para que anulen o pleno da moción de censura en Viana do Bolo
comentarios