
14:56 do 3 de agosto de 2019
A Xira dos Lugares Máxicos, co castelo de Monterrei como anfitrión, e unha nova edición do festival enxebre Carqueixa Rock son esta tarde noite as citas ineludibles na comarca. Dous dos máximos exponentes da eclosión da música tradicional galega achéganse hoxe ata as terras do Támega. O primeiro, o gaiteiro Carlos Núñez, ás nove da noite, cara o solpor, na fortaleza. E, o segundo, Milladoiro, logo da cea popular que a organización do festival rock e folk ten prevista para esta mesma tarde cara as nove da noite. Será na localidade de Souteliño, a carón de Laza. Antes, viría de ter lugar o que xa deron en chamar "Carqueixa Miúdo", cun pequeno circo e unha sesión de contacontos dende as 17,30 horas.