
O xoves 11 de febreiro, ás 20:00 horas, o Conservatorio Profesional de Música de Verín organiza o primeira edición do concurso "Entroido Musical". Esta iniciativa xurde coa finalidade de motivar, incentivar e estimular nos xoves intérpretes o estudo do seu instrumento, e ao mesmo tempo incrementar a participación nunha tradición popular tan importante como é a do Entroido na cultura verinense.
Deberán respectarse as seguinte bases:
- Poderán participar neste concurso os estudantes matriculados no Conservatorio Profesional de Música de Verín de calquera especialidade.
- O concurso consistirá nunha única proba. En calquera dos casos, a organización do concurso poderá facer unha preselección de participantes se o número de inscricións imposibilitase a realización do concurso o día programado.
- O concurso está deseñado nunha única categoría na que participarán todos os inscritos.
- Os participantes deberán ir disfrazados. Os seus disfraces poden estar baseados na temática da obra que interpreten ou ben relacionados coa tradición cultural do Entroido na vila.
- Independentemente de que o disfraz conteña algún tipo de máscara, isto non exime de levar a máscara cirúrxica e respectar estritamente o protocolo sanitario vixente.
- Establécense 3 premios:
Mellor interpretación: Vale académico de 50€
Mellor musicalidade: Vale académico de 50€
Mellor disfraz: Vale académico de 50€
O concurso non poderá contar con público por mor da situación sanitaria, pero si quedará gravado e Diario do Támega emitirao en directo.