sábado 24.08.2019
Os eventos forman parte dun programa de 40 actuacións que terán lugar as fins de semana de maio, xuño e xullo en diferentes emprazamentos da Vía da Prata

Os concellos de A Mezquita e Verín acollerán esta fin de semana os concertos de Camiños Sonoros

Concerto da Igrexa de San Pedro en A Gudiña.
Concerto da Igrexa de San Pedro en A Gudiña.

Camiños sonoros, o ciclo musical que divulga o Camiño de Santiago a través da música, aterra os días 17, 18 e 19 de maio nos concellos de Verín e A Mezquita. Os eventos contan coa participación de estudantes dos conservatorios profesionais de música de Vigo e A Coruña, que tocarán un repertorio clásico e unha sesión de jazz.

A primeira parada será na localidade de A Mezquita o venres ás 20:00 h, cun concerto de clarinete, violín e piano onde soarán pezas de Mozart, Poulenc e Stranvinsky, na igrexa de San Martiño. O sábado ás 20:45 h na igrexa da Mercé de Verín, tocarase o piano cun programa con pezas de Chopin, Mozart, Prokofiev e Debussy.

A segunda parte do evento será o domingo na praza da Mercé, ás 13:30 h, onde o público poderá gozar de temas clásicos do jazz a cargo dun dúo de piano e baixo.
Estos concertos son gratuítos e están dirixidos ao público xeral, formando parte dun programa de 40 actuacións que terán lugar as fins de semana de maio, xuño e xullo en diferentes emprazamentos de interese patrimonial na Vía da Prata coma, entre outros, o Castelo de Monterrei, o Mosteiro de Carboeiro, o Mosteiro de Oseira, o Pazo de Liñares en Lalín ou o Pico Sacro, en Boqueixón, percorrendo as tres provincias galegas polas que pasa este itinerario xacobeo.

Ademais de divulgar o Camiño de Santiago a través da música, este festival afondará tamén na profesionalización do sector musical, polo que o programa incluirá unha xornada formativa de autoemprendemento musical, con clases sobre ferramentas e habilidades para desenvolver unha carreira profesional dentro da música, contando cun grupo de actores da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADg).
 

Os concellos de A Mezquita e Verín acollerán esta fin de semana os concertos de Camiños...
comentarios