Serán máis de dous kilómetros de postos de feira repartidos por grande parte do casco urbano da veciña localidade portuguesa de Chaves, dende o núcleo da vila ata as inmediacións do estadio municipal de fútbol. Artesanía, moita alimentación, antigüidades, gando e, sen dúbida, roupa serán os principais reclamos para o éxodo nacional que se agarda cruzando a desfigurada fronteira de Feces. Nos catro días que durará a tradicional e moi coñecida Feira do Santos, a Cámara Municipal de Chaves e a asociación empresarial do Alto Támega só miran cara o ceo para que as condicións metereolóxicas permitan unha alfluenza de visitantes que acabarán contándose por centos de miles.
Os días 1, 2 y 3 partirá desde a estación verinense ás 10:30 e ás 15:30 horas. O regreso está previsto para as 15:00 e as 23:00 horas, ambas portuguesas
Para todos aqueles que non dispoñan de medios de locomoción propios, terán ao seu dispor o recentemente estreado servicio de autobús transfronteirizo, posto en marcha dende a Eurocidade Chaves-Verín. Os días 1, 2 y 3 partirá desde a estación verinense ás 10:30 e ás 15:30 horas. O regreso está previsto para as 15:00 e as 23:00 horas, ambas portuguesas.
Un grande número de verinenses, de seguro, repetirán percorrido camiño da vila lusa, unha tradición que se remonta varias décadas atrás no tempo e que xeraba, onde agora se ergue a sede da agrupación transfronteiriza, importantes colas de tráfico polo afán supervisor tanto dos guardinhas portugueses como da Garda Civil española, que non deixaban maletero sen revisar.