viernes. 26.04.2024
191024 PRESENTACION TRANSPORTE EUROCIDADEIMG_6241_1 CMZ
O Transporte Urbano Transfronterizo (TUT) quedará suspendido ata nova orde.

A Cámara Municipal de Chaves emitiu un comunicado no ámbito da emerxencia de saúde pública mundial xerado pola infección de Coronavirus (COVID-19). Tendo en conta a declaración da OMS da situación de pandemia, a Cámara determinou un conxunto de medidas preventivas, con efectos inmediatos e por tempo indeterminado , aínda que non existan casos de Coronavirus no Concello  de Chaves:

  • Activación do Plan de Continxencia Municipal.
  • Aplazamento de todas as iniciativas e eventos municipais.
  • Peche de equipamentos municipais: Pavillón Deportivo Municipal, Piscina Municipal, Pavillón Expoflávia, Biblioteca Municipal, Auditorio do Centro Cultural de Chaves, Auditorio Luiz Coutinho.
  • Suspensión da Feira Semanal.
  • Recoméndase ás parroquias e a movementos asociados, suspender ou aplazar a celebración de eventos ou iniciativas que involucren a concentración de persoas.

Os Servizos Municipais continuarán en funcionamento, pero recoméndaselle ós cidadáns empregar estes servizos en caso de urxencia. A primeira opción debe ser o contacto telefónico ou electrónico.

Dende a Cámara Municipal de Chaves piden á poboación que adopte comportamentos responsables de acordo coas medidas decretadas pola Delegación Xeral de Saúde.

A Eurocidade Chaves-Verín suspende o servizo de TUT

A Eurocidade Chaves-Verín (AECT), anuncia que, debido ás cancelacións das feiras e eventos nos dous municipios pola situación actual da propagación do virus COVID-19 e para minimizar os contaxios, o servizo de Transporte Urbano Transfronterizo (TUT) suspenderase ata que se indique o contrario.

Pablo Rivera, director da Eurocidade Chaves-Verín, insiste na idea de manter a calma, pero considera necesario establecer protocolos de actuación conxuntos entre as autoridades de ambos lados da fronteira de maneira rápida. "Hai que evitar mensaxes contraditorias entre ambos países e establecer medidas de coordinación entre os hospitais de Chaves e Verín, se fose necesario", conta Rivera. Son 3000 os vehículos que cruzan diariamente a fronteira, por iso o director da AECT persevera en que debe existir unha coordinación entre ambos países.

Chaves blíndase contra o Coronavirus