mércores 21/10/20
Os feitos tiveron lugar esta tarde nunha finca da súa propiedade

Falece en Castrelo do Val un home de 90 anos ao caer dun remolque de pacas

O tractor do que se precipitou a veciño de Castrelo. | FOTO: Noelia Caseiro.
O tractor do que se precipitou a veciño de Castrelo.
Un veciño de Castrelo do Val, de 90 anos de idade, perdeu esta tarde a vida ao caer dende o alto dun remolque de pacas que estaba a cargar nunha finca da súa propiedade, segundo testemuñas do suceso. Ao lugar desprazáronse efectivos de emerxencias, axentes de Garda Civil de Verín e mesmo unha unidade do Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) de Laza, que non conseguiron salvarlle ao vida ao ancián. A autoridade xudicial ordenou o levantamento do cadáver pasadas as 20:30 horas. 

Falece en Castrelo do Val un home de 90 anos ao caer dun remolque de pacas
comentarios