
14:48 do 10 de setembro de 2021
A quinta vaga da pandemia continúa a súa marcha e dous municipios da comarca rexistran hoxe unha redución de positivos. Castrelo do Val e Verín baixan un contaxiado cada un, quedando o primeiro libre de Covid e o segundo con 26 casos.
Xa son dous municipios sen influencia do coronavirus na comarca, que hoxe rexistra un total de 37 casos.
- Verín: 26 (-1)
- Cualedro e Riós: 3
- Laza e Oímbra: 2
- Monterrei: 1
- Castrelo: 0 (-1)
- Vilardevós: 0