luns 21/06/21
Dende a dirección manifestan o seu descontento e desconformidade, xa que os datos facilitados non se corresponden coa realidade do colexio, xerando alarma social

O CEIP de Castrelo do Val asegura que os contaxiados por Covid - 19 no centro son a metade dos que di a Consellería

Teñen pensado reabrir as tres aulas, que semanas anteriores permanecían pechadas, entre o próximo luns e martes.

Colexio de Educación Infantil e Primaria Raúl Fernández, de Castrelo do Val. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Colexio de Educación Infantil e Primaria Raúl Fernández, de Castrelo do Val. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

O CEIP Raúl Fernández de Castrelo do Val vese na necesidade de informar sobre os casos activos no centro, posto que o cálculo feito pola Consellería de Sanidade non é correcto. Por iso, afirman que os positivos suman un total de cinco, non os dez dos que falaban os datos oficiais. Así mesmo, teñen pensado reabrir as tres aulas que semanas anteriores permanecían pechadas.

Tamén queren recordar que todas as primeiras PCR realizadas aos contactos destes casos positivos deron resultado negativo. Se as segundas probas, previstas para este fin de semana, dan novamente negativo estarían en disposición de abrir as aulas entre o próximo luns e martes.

Dende a dirección manifestan o seu descontento e desconformidade, xa que os datos facilitados non se corresponden coa realidade, xerando alarma social. Indican que no colexio ''hai un cumprimento estrito das normas e medidas de seguridade e se está facendo todo o posible para cortar o contaxio''.

Hai un cumprimento estrito das normas e medidas de seguridade e se está facendo todo o posible para cortar o contaxio (Dirección do CEIP Raúl Fernández de Castrelo do Val)

Covid no resto de centros da comarca

Segundo os números aportados pola Consellería atopamos que o CMUS Elemental de Verín, o CEIP Princesa de España (Verín) e o CRA Monterrei abandonan as listas de positivos.

 

O CEIP de Castrelo do Val asegura que os contaxiados por Covid - 19 no centro son a...
comentarios