O venres 29 de 11:00 h a 13:00 h o escritor Alejandro Corral impartirá o obradoiro 'Técnicas Narrativas', enmarcado dentro das II Xornadas de Novela Histórica que organiza a Biblioteca do Concello de Verín, en conxunto coa Sociedade Antropolóxica Galega e a Asociación de escritores pola historia.
Este evento, moderado por Noa González Sousa, levarase a cabo na mesma Biblioteca Municipal e os máis novos terán prioridade á hora de acceder a el, sendo os quince anos a idade mínima para poder inscribirse.
O curso complementa o do ano pasado, impartido dentro das I Xornadas de Novela Histórica, onde o escritor deu consellos e mostrou diversas técnicas e narrativas para chegar a publicar a primeira novela. Ademáis, aproveitará para presentar a súa próxima obra 'El desafío de Florencia'.
As persoas interesadas poderán inscribirse presencialmente na propia Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, chamando ao teléfono 988.41.36.24 ou no enderezo electrónico [email protected]