luns 12/04/21
Un operario salvou milagrosamente a vida

ÚLTIMA HORA | Dous feridos leves tras colidir un tráiler cun furgón de mantemento da A-52 e logo envorcar

Vehículo accidentado na A-52.
Vehículo accidentado na A-52. | Foto: Xosé Lois Colmenero.

Un tráiler perde o control e impacta contra un vehículo de mantemento da A-52, no quilómetro 140 da autovía, termo municipal de Riós. 

Os traballadores xa tiñan sinalizada a obra que estaban realizando nunha ponte, cando o camión, por despiste do condutor, arrollou o vehículo de sostemento e case atropela a un operario, que finalmente resultou ser un ferido leve; como o chófer do camión, que tras a pérdida de control acabou volcando polo lateral dereito da vía a un desnivel duns cinco ou seis metros.

Tráiler volcado no lateral da A-52Tráiler volcado na A-52. | Foto: Xosé Lois Colmenero. 

Ata o lugar do accidente desprazáronse un par de ambulancias do 061, así como os bombeiros do parque de Verín e unha amplia dotación da Garda Civil de tráfico. 

ÚLTIMA HORA | Dous feridos leves tras colidir un tráiler cun furgón de mantemento da...
comentarios