martes 22/09/20
Os dous focos comezaron pasadas das 20:30 horas e un deles obrigou a cortar a autovía A - 52

Os lumes de Laza e A Gudiña queimaron na noite máis de 140 hectáreas

As lapas achegáronse á estación de servizo de Mesón de Erosa. | FOTO: Noelia Caseiro.
As lapas achegáronse á estación de servizo de Mesón de Erosa. | FOTO: Noelia Caseiro.

Dous lumes mantiveron en vilo aos equipos de extinción esta noite, logo de se declararen pasadas as oito e media da tarde deste sábado. O que leva máis hectáreas consumidas é o que comezou na Erosa, en A Gudiña, e que obrigou, pasadas as 23:00 horas, a cortar a autovía A - 52 para que as brigadas de combate do incendio poidesen atacalo dende o firme da vía de alta capacidade. 
Os momentos máis perigosos vivíronse cando as lapas comezaron a aproximarse á estación de servicio de Mesón de Erosa, onde estaban estacionados varios vehículos articulados que foron retirados por precaución. 
O tráfico pola A - 52 restableceuse de madrugada. 

Lume en Erosa.Ás 23:00 horas, a Garda Civil de Tráfico viuse na obriga de ter que cortar o tráfico na A - 52. 

Laza

Permanece activo desde as 20:29 horas de onte o incendio na parroquia de Camba, que afecta a arredor de 40 hectáreas, segundo as últimas estimacións provisionais. Para a súa extinción mobilizáronse ata o de agora 13 axentes, 11 brigadas, 3 motobombas e 2 pas.

A Gudiña

Está activo dende as 20:47 horas deste sábado o lume que se orixinou na localidade de Pentes. As últimas estimacións provisionais indican que rolda as 100 hectáreas de superficie afectada. Para o seu control mobilizáronse polo de agora 1 técnico, 4 axentes, 11 brigadas, 7 motobombas e 1 pa. 
 

Os lumes de Laza e A Gudiña queimaron na noite máis de 140 hectáreas
comentarios