Dous feridos de escasa consideración -aínda que precisaron ser trasladados ao hospital de Verín logo de inicialmente ser atentidos no punto de atención continuada de A Gudiña- é o resultado do sinistro de tráfico que este mediodía, no kilómetro 130 da autovía A-52 á altura do Concello da Gudiña, tivo lugar logo de impactar un vehículo todoterreo no semirremolque dun tráiler que o precedía.
O sinistro tivo lugar pouco antes da saída cara a Gudiña da A-52.
Segundo as primeiras informacións, o automóbil marca Nissan colidiu por alcance cun camión tráiler frigorífico por causas que aínda se investigan pouco antes da saída cara A Gudiña, no punto kilométrico 130 sentido Madrid.
Ata o lugar do accidente se desprazaron, ademáis dos servizos médicos e unidades do GES (Grupo de Emerxencias Supramunicipal) da Gudiña, axentes do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Verín.