venres 17.01.2020
Sociedade

O magosto de Raiola, feito con moita sabedoría

No Centro de Día para maiores de Verín, Raiola, viviuse outra tarde, coma case todas, distinta á anterior. Parte dos seus usuarios saíron á rúa a festexar un pequeno magosto aproveitando que a choiva deixou paso a un escaso sol, pero suficiente para poder facer un "lumiño" onde asar uns kilos de castañas. Estaban, din, exquisitas. A experiencia e a sabedoría dos maiores así o fixeron posible. 
comentarios
O magosto de Raiola, feito con moita sabedoría