domingo 17.11.2019
Sociedade

Os alumnos do Conservatorio de Verín sacan a súa música á rúa

Os alumnos do Conservatorio de Música de Verín saíron este sábado á rúa para exhibir o seu talento e reivindicar a necesidade de ampliar a categoría elemental da institución académica á de profesional. Durante máis de hora e media, e coincidindo co día de feira, presentaron as diferentes disciplinas cunha pequena exhibición de cada unha delas por parte dos alumnos, ata chegar ao momento máis esperado, que non foi outro que o da actuación ao completo de todos eles nun aplaudido concerto.

comentarios
Os alumnos do Conservatorio de Verín sacan a súa música á rúa