venres 06.12.2019
Monterrei

Porque os maiores de Monterrei "ben o merecen"...

O Concello de Monterrei non faltou, un ano máis e xa van 12 edicións, coa festa de agradecemento aos seus maiores, onde máis de medio milleiro deles chegados de todas as aldeas do municipio se deron cita debaixo da carpa instalada ao efecto nas inmediacións da fortaleza de Monterrei. A romaría contou con todos os ingredientes precisos para convertila nunha das de libro: misa antes de xantar, música de gaita, autoridades locais e provinciais e, como non, polbo e empanada de seu, pero tamén carne ao caldeiro, bica e licores. Na xuntanza, ademais de rexedores locais, estiveron tamén presentes o vicepresidente da Deputación, Rosendo Luís Fernández, e o director xeral de Maiores da Xunta de Galicia, Ildefonso de la Campa.

comentarios
Porque os maiores de Monterrei "ben o merecen"...